ENTREVISTA A JOVITO PREVIA O SEU CUMPREANOS.
Como é Jovito?
son moi competitivo, e gustame gañar sempre, xa xogue a fútbol sala, padel ou tenis; a min gústame gañar e eu saio a xogar cada partido coma se fose o último.
Cal é a calidade máis importante que debe ter un porteiro de fútbol sala?
O porteiro é o posto máis completo. Non só no aspecto físico, senón tamén no mental. É un xogador con distintas regras, que viste distinto e que se falla detrás só hai gol. Hai que ser forte mentalmente porque é un deporte onde hai moitos disparos, moitos goles, e non te podes afundir.
Cales cres que son as principais diferenzas entre o fútbol 11 e o fútbol sala?
Sobre todo a toma de decisión. O campo de fútbol sala é moi pequeno e os rivais están moi preto, polo que hai que ser tecnicamente moi bo e ser moi áxil á hora de tomar decisións. En fútbol sempre hai máis marxe e os apoios son máis sinxelos.
Que consello lle dariás a un porteiro que está comezando a xogar ao fútbol sala?
Diríalle que se lle gusta o fútbol sala inténteo todo aínda que teña as súas cousas malas porque para medrar hai que sacrificar moitas cousas como amigos, noiva, non saír, coidarse… que entrene e que goce do xogo sobre todo.
Por que os porteiros non usades luvas de fútbol sala ?
É certo que se apreixan mellor os balóns, pero eu creo que os balóns de fútbol sala non lle deben apreixar, senón despexar. O importante é que cada un juegue cómodo.
As proteccións son un asunto vital no fútbol sala?
Sen dúbida. Teño os cóbados fastidiados porque antes xogaba sen coderas e xa teño bursitis, polo que necesítoas porque senón terían que operarme. As xeonlleiras son necesarias porque o parquet queima, as proteccións son necesarias.
E vendaxes?
Tamén, son importantes para que non se dobren os pulsos e os dedos.
DENDE O CLUB DAMOSLLE OS PARABÉNS A JOVITO ; PERO DECIMOSLLE QUE PREDIQUE CO EXEMPLO, A IMAXE E MUI SUXERENTE.
No hay comentarios:
Publicar un comentario