O líder da Primeira Nacional B, o VILAMARTÍN FS, recibe o vindeiro sabado o conxunto do PIZARRAS TRES CUÑADOS de O Barco, derradeiro clasificado, que a priori por plantel non deberia ocupar este lugar,o ano pasado equipo cuarto clasificado. Será ás 18.00 horas no pavillón de O BAÑADOIRO. O lóxico é que sexa un mero trámite para o conxunto de Xocas; pero isto en fútbol sala e no deporte non é unha norma, para mais inri nun derbi, coa adrenalina a flor de pel en ambos equipos, facendo que o orden e as gañas superen a lóxica, habra que loitar e concentrarse mais que nunca para gañar o partido. De todo-los xeitos o conxunto Vilamartinés sairá a pista coa idea de seguir na primeira posición da clasificación xeral .
Que o rematar quede impresa na retina a imaxe do bo espectáculo e a deportividade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario